« Older Home
Loading Newer »

Desgarga xa o Open Office 3.0 en GALEGO (por suposto)

Open Oficce

Pica na Imaxe

Desde Galiza Nova Culleredo queremos apoiar publicamente e animar á participación na próxima manifestación organizada pola Plataforma para a defensa da Ría do Burgo.

A manifestación, convocada para o vindeiro sábado día 20 de Setembro, partira ás 19.30 h. da Casa das Palmeiras, no Temple, concello de Cambre, para cruzar a ría e vir finalizar ao Burgo, no concello de Culleredo.

Por unha ría do Burgo recuperada, acude á manifestación!

Festigal 08

 Desde Galiza Nova Culleredo non queremos deixar pasar esta oportunidade para invitarvos a asistir as actividades do Festigal 2008:

Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre organizan o Festigal 2008, un dos maiores referentes en canto a troula e boa música se refire en toda Galiza, que terá lugar os días 24 e 25 de xullo no Campus Sur de Santiago de Compostela.

A programación é a seguinte:

-Concertos musicais

24 de xullo, dende as 23.00h: Nao, Caravan Palace, Lamatumbá e The International Noise Conspiration.

25 de xullo, dende as 21.00h: Victor Aneiros Band. Quempallou, Pablo Milanés e Berrogüetto.

-Galería do Software Libre

Diversas asociacións estarán ao teu dispór os dous días para saber máis sobre software libre. Outras actividades relacionadas son:

25 de xullo ás 19.30h Presentación de AINFOVAC, programa de software libre de apio ao emprendemento feminino e ao desenvolvemento do rual, resultado do traballo de tres departamentos nacionalistas da Xunta: O Servizo Galego de Igualdade e Benestar, Medio Rural e Industria

-Galería de Ideas

Xoves 24

ás 13.00h Centenario de Curros Enríquez”, con María Xosé Bravo, Xosé Maneul Carril, Francisco Rodríguez, Marica Campo e Manuel Rei Romeu

ás 17.00h “Neoliberalismo e crise: na procura de alternativas”, con Eva Fuentes (xornalista de GZnación), Olaia Fernández Dávila, Xavier Vence e Gustavo Quilaqueo (Partido Nacionalista e Autonomista Mapuche)

ás 19.30h “3 anos de Goberno, 3 anos de cambio transformador”, con Ana Rodríguez (moderadora), Tareixa Táboas, Alfredo Suárez Canal e Antonio Sangiao (director de Xornal.com)

Venres 25

ás 18.00h “20 aniversario de Galiza Nova”, con Bieito Lobeira, Martiño Santos, Antelo, Rubén Cela, Ana Pontón, Xosé E. Vicente e Iria Aboi

-Galería das Letras

Librarías: Andel do libro (Vigo), A palabra perduda (Santiago) e Pedreira (Santiago)

Editoriais: OQO, Rinoceronte, Urco, A Nosa Terra, Galaxia, Xerais de Galicia, Lonxa Cultural

Rosa Aneiros e Teresa Moure asinarán os seus libros durante o Festigal.

Outras actividades:

Xoves 24

ás 11.00h Apertura

ás 17.00h Presentación “Monográficos sobre diversidade funcional”, da Revista Galega de pensamento feminista ANDAINA, con Estrela Vilaverde e Isabel Lodeir

ás 17.45h Presentación do libro “Premio novela erótica” da Editorial Positivas

ás 18.30 Recital de poesía

ás 19.15h Presentación do “Atlas histórico de Galiza”, da editora Ediçoes da Galiza, por Artur Alonso Novelle, Heitor Rodal e José Manuel Barboase e José Manuel G. Rivera

ás 20.00h Presentación do libro “Cantos e fragmento de safo”, tradución e Raúl Gómez Pato. Falará o propio Raúl e Francisco Macías.

ás 20.45h Entrega de premios do “1º campionato Día da Patria Galega de Trivial.gz”

Venres 25

ás 16.30h Presentación do libro “Galiza na Unión. A porta Atlántica”, de Camilo Nogueira na editorial Galaxia, con Suso de Toro e Camilo Nogueira

ás 17:15h Presentación da edición en galego de “O segundo sexo” de Simone de Beauvoir na editorial Xerais de Galicia. Falará: Carmen Adán, Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

ás 18:00h Recital de poesía: Marta Dacosta, Paco Souto…

ás 18:45h Presentación do libro “Os Grouchos” de Manuel Rivas con Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia e Manuel Rivas, autor

ás 19:30h Presentacion do “Decálogo que a língua galega precisa” da Fundación Bautista Álvarez. Falarán Bautista Álvarez, presidente da Fundación, Pilar García Negro, autora e Xoan Carlos Garrido, autor.

ás 20:15h Presentación do libro “Os piratas da illa da Esperanza” na editorial Xerais de Galicia. Falará: X. H. Rivadulla Corcón, autor.

ás 21:00h Presentación do libro “Os efectos do afundimento do Prestige” na editorial A Nosa Terra. Falarán:· Mª do Carme García- Negro, directora. Adolfo Carballo Penela e Carlos Sebastián Villasante.

-Galería de audiovisual

(Na Sala Nasa)

Xoves 24

ás 11.00h Apertura·

TECENDO O FÍO DA MEMORIA (2006) (María Reimóndez Meilán),

CICLO COMBINADO (2006) (Sabela Pernas Soto, Nuria Castro Prieto),

AREA NOS OLLOS. A LOITA POR BALDAIO 30 ANOS DESPOIS (2007) (Iván Seoane Romero),

A GUERRA DOS AVÓS (2007)(Oscar Galansky López),

LOBOS SUCIOS (2006) (Felipe Rodríguez Lameiro),

O MUNDO POLAS MANS (2006) (Placido Baranda Valeiras, Mónica Cortés),

 PÓ DE ESTRELAS (2007) (Alberte Pagán),

COUSAS DO KULECHOV (2006) (Susana Rei Crespo),

LONGO SENDEIRO DE PEDRA (2006)(Pablo Millán).

LEO (2007) (Fernando Cortizo Rodríguez),

HOMELESS, SEN TEITO (Diego Méndez Lamas),

A REVOLTA DOS MOUSES (2007) (David Alejandro Gen),

DON SEÑOR E O HOME DO SOÑO (2007)(Nacho Abia Carrera),

1977 (2007)(Peque Varela),

BATA POR FORA (muller por dentro) (2007)(Claudia Brenlla López),

 ESQUECIDAS (2007) (Luqui Matthews),

XAN, A DESPEDIDA (2007)(José Luis Martínez Díaz),

PERVERSA LOLA (2007) (Sonia Méndez Alonso) e 1, 2, 3 RODANDO (Olaia Sendón)

-Galería de Cultura Tradicional

Espazo da cultura tradicional. Asociación de gaiteiros galegos.

Xoves 24

ás 11:00h Apertura: Mostra de Instrumentos Tradicionais, Mostra de Traxes Tradicionais, Mostra do 20 aniversario da AGG, Mostra de Xoguetes Tradicionais Galegos

ás 13:00h Actuación de Tinta Femia

ás 15:00h Actuación de Tinta Femia

ás 17:00h OBRADOIROS: Xoguetes Tradicionais, Construción de Xoguetes Sonoros

ás 19:00h OBRADOIRO Xogos de Baile Tradicional

ás 20:00h Música tradicional

ás 21:00h Peche do Espazo da Cultura Tradicional

Venres 25

ás 13:00h Actuación de “A Requinta da Laxeira”

ás 15:00h Apertura: Mostra de Instrumentos Tradicionais, Mostra de Traxes Tradicionais, Mostra do 20 aniversario da AGG, Mostra de Xoguetes Tradicionais Galegos

ás 15:00h Actuación de A Requinta da Laxeira

ás 17:00h OBRADOIROS: Xoguetes Tradicionais, Construción de Instrumentos Vexetais

ás 18:30h Exhibición de Loita Galega

ás 19:00h OBRADOIRO Iniciación ao baile tradicional

ás 20:00h Música tradicional

ás 21:00h Peche

-Asociacións, Artesanía e Tendas

Feira de Asociacións

Postos con material de asociacións, ONGs e colectivos diversos:

Marcha Mundial das Mulleres, Comités, Novas de Galiza, Igadi, Movemento polos Dereitos Civís, Isca, Movemento Pola Base, Fundación Federico Engels, CIG, FORGA, AS-PG, A Mesa pola Normalización Lingüística, Fundación Vía Galego, Fundación Bautísta Álvarez, GZnación, EMUGA, BNG, Galiza Nova, Fundación Galiza Sempre, Foro Social Galego

Galería Artesanal. Exposición e venda de artesanía galega. Produtos galegos. Oficios e instrumentos tradicionais.

-Maxia

Xoves 24

ás 21:30h Espectáculo de Maxia: Magos no País das Marabillas

Venres 25

ás 20:30h Espectáculo de Maxia: Magos no País das Marabillas

-Exposicións permanentes

24 e 25 de Xullo.

O Himno, os tempos son chegados

Curros Enríquez, Nación, Liberdade e Progreso.

-Zona xantar

Postos para xantar e cear ámbolos dous días, con oferta gastronómica variada.

Ademáis terás toda a información que precises en http://www.festigal.com/

Zona Moza!

zona-moza.JPGA concellería de Mocidade do Goberno de Culleredo, pertencente ao Bloque Nacionalista Galego, organiza para este verano toda unha serie de actividades dirixidas á mocidade cullerdense, mediante unha campaña chamada Zona Moza.

Zona Moza ten como obxectivo principal a procura dunha oferta de ocio propia do concello, de Culleredo, para os mozos e mozas cullerdenses, de cara a buscar unha maior identificación da mocidade co concello.

Dentro de Zona Moza incluiranse obradoiros deportivos (escalada, beisbol feminino, orientación…), culturais (teatro, videoxogos, xogos de rol…) e de outros tipos. Ademáis, dentro desta campaña habilitirase a Casa da Mocidade como sala de estudo nocturno durante as épocas de exames.

Desde Galiza Nova Culleredo queremos parabenizar á concellería de Mocidade e á súa concelleira, Bea Mosquera, por esta moi boa, pero, sobre todo, moi necesaria campaña para desenvolver unha política de mocidade satisfatoria, pensada desde e para Culleredo, e desde logo, moito mellor que a inexistente política de mocidade do anterior goberno do PSOE.

Tamén queremos, desde aquí, animar a toda a mocidade cullerdense a participar nas actividades de Zona Moza.

Máis información na páxina web de Zona Moza.

Todos á Zona Moza!

O galego e a mocidade en Culleredo

A situación da lingua galega en Culleredo, non nos podemos enganar, non é boa:
O galego, coma ben se sabe, é unha lingua que sofre unha situación de diglosia, na cal o español, como lingua dominante, abafa ao galego e vai ocupando, lentamente, os seus ámbitos de uso. En Culleredo, como en boa parte da Galiza urbana e vilega, a substitución chegou a tal punto que os falantes xa non só cambian de lingua dependendo da situación, senón que moitos son totalmente monolingües en castelán.
A mocidade non é allea a esta tendencia, e, aínda habendo importantes contrastes entre as áreas urbana e rural do concello, a maioría dos mozos e mozas cullerdenses non falan galego, aínda sendo os principais receptores das actividades e campañas de potenciación e normalización da lingua galega. Entón, cabe preguntarse: “que é o que falla?”

Incumprimento do decreto

Parece obvio que un dos principais ámbitos de actuación da política de normalización lingüística debería ser a escolarización en galego. A Lei 3/1983, de Normalización Lingüística, e o Decreto 124/2007, de regulación do uso e a promoción do galego no sistema educativo, aseguran que o galego sexa a lingua vehícular preferente na educación primaria e secundaria, garantindo que un mínimo do 50% das materias sexan impartidas en galego.
Porén, as citadas normas, que, lembremos, só marcan uns mínimos, non se veñen cumprindo nos centros de ensino secundario de Culleredo. De feito, temos constancia da actitude abertamente hostil dalgúns profesores contra esta normativa, e de que nalgunhas aulas o único galego que se oe é o dos profesores de lingua galega.
Desde Galiza Nova queremos condenar esta situación, que ademais de facer inefectivas todas as campañas de promoción do galego entre o estudantado castelanfalante que se puideren realizar nos institutos, provoca a desgaleguización dos estudantes que chegan sendo galegofalantes, o que, desde logo, non vai axudar a rematar coa situación diglósica do galego.

Fala Galego!

Desde Galiza Nova queremos animar a todos os mozos e mozas de Culleredo a vivir as súas vidas en Galego. Se es galegofalante, non cambies, ségueo usando, non o deixes; se es castelanfalante, téntao, primeiro con persoas coas que non adoites falar, e descubrirás que non é en absoluto complicado, e que os erros ao falar os comete todo o mundo, e lembra que para falar mal galego, primeiro hai que falalo!
Porque se aínda somos galegos, e por obra e graza do idioma, e só en galego Galiza ten futuro.

Non lle teñas medo ao galego. ATRÉVETE!.

Proxección de “Linguas Cruzadas” en Culleredo.

A comarca da Coruña de Galiza Nova, dentro da campaña de lingua que estamos levando a cabo, organizou en Culleredo a proxección do documental “Linguas Cruzadas”, hoxe, 23 de Maio en Vila Melania.

Cartaz_Linguas_Cruzadas

O documental recolle diferentes testemuños sobre a situación lingüística da Galiza, amosando diferentes puntos de vista que farán reflexionar a todo o que o vexa.

A todos aqueles que non o puidestes ver, podedes ter acceso a el aquí.

Co gallo da celebración do día das letras, o diario GZNación.com convocou a Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova, Loli Rodríguez Amoroso, Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas e a María Seoane, Presidenta de Novas Xeracións, para falar sobre a situación da lingua galega.

No transcurso do debate podemos ver a postura xa habitual de outras formacións: ben a tibieza das Xuventudes Socialistas, que amosa Loli Rodríguez Amoroso, ben as declaracións ambiguas e cuase-simpatizantes de movementos tan repulsivos como GalizaBilingüe e similares, aos que xa nos ten acostumados Novas Xeracións e María Seoane.

Porén, o realmente sorprendente das declaracións de ambas as dúas representantes e o total e absoluto descoñecemento da situación real da lingua, e para mostra unha frase: Creo que o galego non está en crise“. Esta frase, primeira do debate, destaca pola súa irrealidade, e pola profunda ignorancia da persoa que as efectúa, xa que só á ignorancia podemos (e queremos) adscribir tal declaración.

Así, só Galiza Nova e Iria Aboi amosaron unha actitude decidida e sincera a prol da defensa da lingua galega perante as imposicións dos elementos castelanizadores que actúan en todos os ámbitos da sociedade. Só Galiza Nova ten un discurso coherente con respecto ao conflito lingüístico, que contrasta enormemente co discurso das outras formacións.

Desde Galiza Nova Culleredo queremos mandar unha mensaxe ás Xuventudes Socialistas e ás Novas Xeracións:

Sacade a careta!

Loli, di que o galego dache igual, que non tendes unha postura definida e coherente e que a defensa da lingua galega non está dentro dos vosos obxectivos, pois esa é a verdade.

María, di que a vosa postura díante do conflito lingüístico é a da negación ou a do fomento do castelán, di que sodes unha organización con principios de esquizofrenia, pois facedes que os vosos (poucos) membros galegofalantes apoien o castelán, e, por último, di que apoiades a erradicación do galego como fai Galicia Bilingüe, pois esa é a verdade.

Podedes ter acceso ao debate aquí.

Por que lle tes medo ao galego? Atrévete!!

campanha_lingua.jpg

EN GALEGO. TEMOS DEREITO!!!

Un ano máis chega o día das Letras Galegas e moitas institucións, medios de comunicación e mesmo a nível social, económico, político e cultural e moitos e moitas lembran que en Galiza existe unha lingua propia e deciden adicarlle un espazo, tratándoa coma unha reliquia que non merece máis ca unha mención nese día nos medios de comunicación ou noutros ámbitos de onde fica totalmente ausente o resto do ano.

Que pasa coas lectoras e lectores galegofalantes que temos dereito á información na lingua de noso? Que pasa cando queremos estudar en galego? Que pasa cando queremos ver cinema en galego? Que pasa cando uns pais queren educar ás súas fillas e fillos na lingua propia? Que pasa cando calquera de nós quere dirixirse na nosa lingua á administración galega ou estatal con sede en Galiza?

Estas preguntas son o exemplo de que a día de hoxe vivimos nun país no que non se garante o dereito a poder desenvolver a nosa vida integramente e con naturalidade en galego. A raquítica lexislación a respecto da lingua fica totalmente incumprida na maioría dos casos e as e os galegofalantes vense desprezados e obrigados a esixir o respecto polos nosos dereitos lingüísticos ou a facer uso do español para axilizar determinados trámites coma un casamento, a realización de exames sen opción en galego para traballar en empresas coma Correos…

Por moito que na Carta Europea das Linguas ou na Constitución Española se recolle que ningunha persoa será discriminada por razón de lingua o certo é que tódolos días no noso país coñecemos casos de discriminación polo uso do galego. Malia que nos últimos naos se tivese avanzado na aprobación de leis que camiñaran cara a normalización do noso idioma a realidade é que son poucos os mecanismos que se veñan articulado para que se leven á práctica e é pouca a vontade política de quen ten a responsabilidade de efectivizalas e velar polo seu cumprimento. Despois do cambio de goberno na Xunta do Partido Popular seguimos sen visualizar un compromiso claro de non repetir os erros da anterior política lingüística pro parte do PSOE na Dirección Xeral de Política Lingüística que é o departamento competente para impulsa-la normalización do galego. Consideramos que a aprobación de decretos como o Decreto do uso da lingua galega no ensino 124/2007 son positivos pero non son suficientes, pois o cumprimento de que no ensino secundario se imparta como mínimo a metade do horario lectivo en galego dista moito de ser realidade na práctica totalidade dos centros de ensino. Medidas como a creación das Galescolas para a escolarización en galego de nenas e nenos de 0-3 anos ou outras iniciativas impulsadas polo BNG deben ser o camiño a seguir para o impulso do galego dende as administracións públicas.

Dende Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, sempre defendimos o nosos dereito a poder desenvolve-la nosa vida en galego e reivindicamos o dereito de todas e todos os galegos a utiliza-la nosa lingua en calquera ámbito sen ningunha traba ou discriminación, no ensino, no lecer, no traballo, no deporte, nos medios de comunicación, na rede… Por iso, convidámoste a que participes connosco deste obxectivo porque o mellor xeito de contribuír á normalización da nosa lingua a nível colectivo é tamén o compromiso de cada un de nós a nível individual durante tódolos días do ano, utilizando o glaego de xeito consciente e esixindo o cumprimento da lexislación para a súa normalización. Xa que logo, animámoste a que te sumes a nós.

Atrévete coa nosa lingua. Na Galiza, sempre en galego!

Domingo 18: MANIFESTACIÓN

Polo dereito a vivirmos en galego

12.00h na Alameda de Santiago

Manifestación mesa

 Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:

1- Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

2- Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

3- Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

4- Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

Lembra que o vindeiro domingo 18 de maio esta grande manifestación partirá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.

               folga-1.JPG

Desde Galiza Nova Culleredo queremos mostrar o noso total apoio á Folga Estudantil convocada polos Comités Abertos de Facultade para o vindeiro Martes, 29 de Abril; e convocamos a todos os lectores deste blogue a asistir á concentración que terá lugar o mesmo día 29 de Abril, a partir das 12:30 díante da sede do Edificio Administrativo da Xunta (Novos Ministerios – Elviña), na Coruña.

Grazas a masiva mobilización do estudantado galego o 31 de Outubro pasado e á recollida de máis de 10 000 sinaturas de estudantes dos sete campus galegos contra a suba das taxas de matrícula para o presente curso, abriuse un proceso de negociación entre os Comités Abertos e Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario Galego para o Decreto Galego de Prezos Públicos 2008/2009, mais a Consellaría de Educación manten a súa intención e ningún de nós llo podemos permitir.

1-Porque a Consellería de Educación ten intención de volver subir as taxas para o vindeiro curso, o sétimo consecutivo por riba do IPC, e manter os recargos por segundas, terceiras e sucesivas matrículas.

2-Porque as bolsas non están sendo efectivas nun acceso igualitario ao ensino superior, os niveis cuantitativos e cualitativos das bolsas son insuficientes e a súa xestión segue sendo competencia do estado.

3-Porque pagamos máis por unha menor cantidade e calidade dos servizos nas universidades, que, ademais, cada vez son privatizados en maior medida.

4-Porque é mentira que estas subas non se noten. En 5 anos, a matrícula media subiu máis de 120 €.

5-Porque o estado segue sendo quen fixa o incremento mínimo das taxas no IPC estatal, ignorando a nosa realidade económica.

6-Porque o financiamento das universidades ten que incrementarse con cargo a un plano de financiamento e non aos prezos públicos.

Ante as continuas agresións que leva sufrido a universidade galega como servizo público, o mecanismo máis efectivo para parar as consecuencias máis nocivas da creación e aplicación do Espazo Europeo de Educación Superior son:

-A conxelación das taxas de matrícula.

-Igualdade de prezos entre graos e posgraos.

-Garantía dun financiamento público suficiente para as universidades galegas.

folga-2.JPG

Galiza Nova Culleredo estará aí. E ti? O próximo 29 de Abril todos e todas á Folga!. Paremos a suba das TAXAS! Por un financiamento suficiente para as universidades galegas, defender a universidade pública é parar Boloña.

Todos á concentración: Martes, 29 de Abril, 12:30, Novos Ministerios – Elviña.

A Campaña do PSOE

Outra vez o Partido Socialista Obrero Español non ten mellores razóns para a campaña. Xa vedes, …, esta foto foi tomada cun telefono móbil no noso concello. Descubrímola cando iamos de re-pegada.

Cartaces BNG - PSOEO máis simpático é que nós non tivemos problema en pegar sen ter que tapar os cartaces de ninguén. Habendo unha parede tan grande, por que decidiron pegar o seu cartaz por enriba dos nosos? é que teñen medo? é que non atopan outro argumento ca este? É que son os donos da parede, do barrio e do concello? Son moitas as dúbidas que nos asaltan, e para as que non teremos resposta. Non serve de nada facer conxeturas ao respecto.

Desafortunadamente non foi a primeira vez, tamén fomos testemuñas algúns de nós, de cómo nas pasadas eleccións municipais acontecía algo semellante. Galiza Nova Culleredo lamenta profundamente este tipo de feitos. Ogallá non volten a acontecer cousas semellantes e todos poidamos levar a cabo unha campaña limpa e tranquila.

Axenda Electoral

Venres 22 de Febreiro

Comezo da Campaña Electoral. Ás 0 h escomeza a campaña electoral coa típica pegada de carteis. O BNG de culleredo escomeza tamén aquí a súa campaña.

Domingo 24 de Febreiro

Visita do Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suarez Canal.

Ás 12h dará un mitin no Centro Social “Torre de Celas”.

Martes 26 de Febreiro

Acto na UDC. Ás 12:30h haberá un acto organizado por Galiza Nova da comarca de A Coruña, no Salón de Graos de Socioloxía, no que falarán:

Francisco Jorquera, Cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia da Coruña

Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova.

Avia González, Candidata ao Senado pola Provincia da Coruña.

Xoves 28 de Febreiro

Mitin no Pazo de Vilaboa (Villa Melania), as 20:30h Falarán:

Raquel Jabares Fernández, Primeira tenente de alcalde do Concello de Culleredo

Beatríz Pérez Mosquera, Concelleira de Xuventude do Concello de Culleredo

Pablo González Mariñas, Deputado do BNG no Parlamento Galego

Luns 3 de Marzo

Mesa Redonda sobre políticas Xuvenís. Organizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, terá lugar no Salón de Actos do Círculo de Artesáns (Rua San Andrés, nº 36, A Coruña) ás 20h. Intervirán:

Borja Carro Muñoz, Candidato ao Congreso dos Deputados polo PP.

María Dolores Rodríguez Amoroso, Candidata Suplente ao Senado polo PESOE.

Avia González Veira, Candidata ao Senado polo BNG.

Xoves 6 de Marzo

Mitin central da Comarca de A Coruña. No PALEXCO (Peirao de Trasatlánticos S/N) as 20:30 h. Falarán:

Henrique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde do Concello da Coruña.

Avia González, Candidata ao Senado pola Provincia da Coruña.

Anxo Quintana, Portavoz Nacional do BNG e Vicepresidente da Xunta de Galiza.

Francisco Jorquera, Cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia da Coruña.

Venres 7 de Marzo

Mitin no Edificio de Servicio Múltiples de O Burgo ás 20:30h. Falarán:

Mario Lopez Rico, Candidato ao Congreso dos Deputados e Concelleiro de Vivenda e Rehabilitación Urbana do Concello de A Coruña.

Raquel Jabares Fernandez, primeira tenente de alcalde do Concello de Culleredo

Marcos Márquez López, militante do BNG do concello de Culleredo

Sábado 8 de Marzo

Xornada de Reflexión

Domingo 9 de Marzo

Dia de Votacións.

Acto político do BNG de Culleredo

O día 31 de Xaneiro, ás 20:30 horas da tarde, o BNG de Culleredo organiza un acto político no hotel Crunia de Fonteculler.

Contaremos con:

Raquel Jabares, portavoz municipal do BNG e Tenente de Alcalde de Culleredo

Avia González, candidata do BNG ao Senado pola provincia da Coruña

Francisco Jorquera, cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña

Este mes de decembro ven de constituírse unha nova asociación xuvenil no noso concello a “Asociación Xuvenil e Cultural Pedro Galán Calvete”. O xermolo de esta asociación callou en novembro pero non foi ata o pasado venres cando se convertiu en realidade.

Toma o nome de un membro fundador de Mocidade Galeguista, que no ano 36 foi asasinado na Corveira cando só tiña 19 anos.

Pedro Galán Calvete naceu na Rúa da Torre da Coruña o 18 de xullo de 1917 no seo de unha familia de traballadores. O pai, Pedro Galán Cortés, traballaba de camareiro marítimo a bordo de barcos que cruzaban o Atlántico “transportando” a galegas e galegos en busca de fortuna nas Américas. A nai, Carmen Calvete Suárez, soubo compatibilizar en terra o peso das obrigas familiares co seu traballo de venda de legumes no mercado de Santo Agostiño. O matrimonio tivo catro fillos: o noso Pedro, Jaime, Carmen e máis Fernando.

Os pais aproveitaron a posta en marcha das primeiras escolas de ensino primario en galego que existiron na cidade de A Coruña (e no noso País) para a educación dos seus cativos. Estas primeiras lección na nose lingua foron impartidas entre outros por Anxel Casal, que consideraba a Pedro Galán un dos seus alunos máis aventaxados.

O seu compromiso con Galiza fai-se público en outono de 1933 nun manifesto publicado en “A nosa terra” no que Pedro Galán e Jenaro Marinhas del Valle xunto con outra ducia de rapaces coruñeses proclaman a constitución de“Mocidade Galeguista”, baixo a disciplina do Partido Galeguista.
A primeira directiva desta agrupación nacionalista de A Coruña constitui-se con Jenaro Marinhas del Valle como Secretário Xeral, con Pedro Galán como Secretário de Organización, e con Lino Portela Díaz como Secretário de Propaganda.

Este mozo desenrolaba a súa actividade profesional no departamento de contabilidade na empresa de xabróns “La Toja”, no noso concello, o que compaxinaba con un intenso traballo político e social.

A súa firme convición de non ter cometido nengún delito fixo que rexeitara a oportunidade que lle ofreceu o seu pai para fuxir embarcado ás Américas e que seguira levando o mesmo ritmo de vida naqueles días escuros. Pero non o entenderon así os seus asasinos, que aproveitándose da súa inocencia prenderono na Rúa Bailén o 10 de setembro de 1936, mentres paseaba coa súa compañeira Chiruca, para levá-lo primeiro ao Cárcere de A Coruña e despois ao cuartel da policía no Orzán. Pese as humildes e ferventes súplicas de clemencia da nai e do seu irmán Fernando ao Tenente Coronel Luis Tovar, nada se puido facer. O 16 de setembro unhas leiteiras atoparon nunha cuneta da Corveira a un rapaz de 19 anos. Era o corpo sen vida de Pedro Galán Calvete, finado a consecuencia dunha “hemorraxia interna”, en realidade, un eufemísmo legal para agachar que a verdadeira causa da sua morte fora un feixe de proxectis metálicos cargados de xenreira.

Cos mesmos ideais e a mesma forza que tiña este mozo, e coa esperanza de non ser freados tan axiña, nace esta asociación.

Dende Galiza Nova Culleredo desexámoslle que teña moitos anos de percorrido!!!!!

Logo AXCPGC

QUE PASA CO TRANPORTE COLECTIVO EN GALIZA?

Dende sempre Galiza ven padecendo unha deficiencia na comunicación interna entre as vilas e cidades do noso país. Unha deficiencia na cobertura da rede de ferrocarrís e de transporte por estrada, que provocan que haxa moitas zonas que non dispoñen de transporte colectivo ou nas que o que hai que estea teña moi poucas frecuencias e altos prezos para o servizo que se oferta.

Este problema de comunicacións no noso país é consecuencia dunha falla de vontade política dos sucesivos gobernos do Estado, tanto do PSoE como do PP que miran para outro lado cando se trata de traer inversións para a mellora do ferrocarril ou de transferir as competencias para crear unha rede de cercanías e xestionar mellor un servizo que se oferta en Galiza. Moitas son as escusas que se deron por parte dos gobernos do Estado para que a nosa nación sempre chegara tarde con respecto a outras zonas e teña unha conexión interior deficitaria. Xa vai sendo hora de que Galiza conte cunha rede de transportes acaída á nosa realidade nacional.

PORQUE NOS AFECTA A TODOS E TODAS, E EN ESPECIAL Á MOCIDADE

O transporte colectivo nun país como o noso (que conta cunha alta dispersión da poboación e a metade dos núcleos de poboación de todo o Estado) é vital para a súa vertebración e o estabelecemento de vínculos sociais, económicos, comercias, culturais… Hoxe esta falta de comunicación en moitas zonas de Galiza está a ter consecuencias moi graves ao carecer de transporte colectivo (tren ou bus) e son moitos os e as cidadáns e cidadás que teñen que botar man do automóbil para acceder ao seu posto de traballo, ao seu lugar de estudo, ou a moitos servizos necesarios.

Dentro desta situación, a mocidade é un dos sectores sociais peor parados. Estudar ou traballar en determinadas zonas de Galiza, convértese nunha odisea para milleiros de mozas e mozos que precisan do transporte para os seus desprazamentos. Un bo transporte colectivo promovería a igualdade social, xa que permitiría que persoas con poucos recursos ou dependentes, entre eles moita mocidade, maiores e discapacitados, que non teñen outro medio para desprazarse, gozaran de autonomía.

PRECISAMOS CAMBIAR ESTA SITUACIÓN.

Por iso dende Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, consideramos que é necesario mudar esta situación e conquerir a vertebración da nación. Cremos que temos dereito como pobo a poder autogobernarnos nesta materia xa que a vertebración do noso territorio melloraría a calidade de vida dos galegos e galegas.
Todo o transporte colectivo ten que ser responsabilidade do Goberno Galego para que tanto o transporte en ferrocarril coma por estrada sexan contemplados conxuntamente. Por iso é necesaria a transferencia dos servizos ferroviarios, concretamente o servizo que RENFE denomina Cercanías e que non existe en Galiza, para que poidamos ter comarcas e vilas mellor conectadas entre si e que se dote a todo o territorio de dobre vía para que permita máis frecuencia nos traxectos e que non sexa preciso que un tren agarde polo outro.
Ademais consideramos que as concesións ás empresas de autobuses que se fixeron no pasado teñen que ter mecanismos que permitan corrixir a situación actual redefinindo paradas e aumentando os buses directos, mellorando a calidade do servizo en relación co prezo do mesmo e evitando que moitas zonas do país estean incomunicadas ou teñan un mal servizo pola empresa que o xestione.

Dende Galiza Nova, queremos un cambio de modelo a favor da mocidade, dos estudantes, dos traballadores, dos maiores, dos pensionistas, dos discapacitados… por iso precisamos do teu apoio. Non queremos que os venres e os domingos milleiros de estudantes universitarios teñan que ir no tren “enlatados”, nin pagar 25 euros para ir e volver de Xinzo a Santiago, ou que non exista tren para ir de Lugo á Mariña Luguesa e haxa que vivir unha odisea en bus… Porque ademais o transporte colectivo sería máis económico, máis ecolóxico e melloraríamos a seguridade viaria. NÓS VÉMOLO CLARO. SÚMATE A NÓS.

POR UN FERROCARRIL ACAÍDO ÁS NECESIDADES DO PAÍS.

· Modernización dos trens e mellora das estacións e apeadeiros.
· Creación da rede de Cercanías: A Coruña – Ferrol, Santiago – Vilagarcía e Pontevedra-Vigo.
· Combinación dos horarios de ferrocarril cos de bus.
· Aumento de prazas na liña A Coruña- Vigo, no desprazamento de estudantes.
· Aumento da frecuencia de trens na liña Ourense-Vigo, Ourense- Santiago, Lugo- Monforte- Ourense, Ferrol- A coruña.
· Ampliación das liñas Santiago-Lugo, Lugo- A Mariña e Ferrol- A Mariña.

PARA MELLORAR O TRANPORTE PÚBLICO POR ESTRADA EN GALIZA.

· Inclusión como parada das liñas de autobuses as estacións e apeadeiros de tren.
· Gratuidade do autobús para o estudantado que curse o 1º e 2º de Bacharelato.
· Mellora da flota de autobuses e adaptación a persoas con problema de mobilidade.
· Rebaixas no prezo para o estudantado en todas as liñas.
· Remodelación ou creación de estacións ou paradas que reúnan as condicións acaídas para o seu uso.
· Creación ou reubicación, de paradas, en torno a aqueles puntos de maior afluencia e nº de habitantes, en frecuencias e horarios axeitados, tendo en conta a proximidade a servizos públicos importantes para a xente nova ( pavillóns, institutos, bibliotecas…)